viernes, 12 de mayo de 2017

Vou a dar a despedida...

Chegou o momento de reflexionar.
Creo que esta etapa con Esther Martínez que comezou fai uns meses, me aportou todavía máis cousas sobre as TIC das que esperaba. Xa dende fai algún tempo penso que as tecnoloxías son importantes e enriquecedoras pero non sabía ata que punto o eran. 
Todo o que fixen me gustou, pero quizáis o que máis me chamou a atención foi aprender a crear os nosos propios recursos, algo sobre o que tiven gran curiosidade dende sempre. Educaplay, HotPotatoes e Ardora déronme algún rompedeiro de cabeza ao principio pero finalmente descubrín que son aplicacións moi útiles e que penso utilizar no meu futuro como docente. 
Aínda que pensándoo ben, realizar o póster dixital e crear a nosa propia WebQuest con Wix foi ben custoso (levounos moito tempo...😢) pero aprendín a utilizalos sen ter ningún tipo de problema e ao final resultou ser entretido e gratificante.
Desaprendín algo en xeral con esta materia sobre as TIC. Ata fai uns meses pensaba que simplemente se utilizaban para apoiar as explicacións docentes nas clases cunha presentación. Porén , agora penso en moitas máis utilidades xa que ademais de poder crear nós mesmas miles de recursos diferentes para eles e elas, pode ser o propio alumnado quen cree tamén, e opino que é algo que pode facer que se motiven moito máis e teñan máis ganas de seguir aprendendo, que ao final é do que se trata.

Por último, quería agradecerlle a Esther a paciencia que tivo con nós, o cariño co que nos tratou e todos os ánimos que nos deu cando críamos que non éramos capaces de rematar as tarefas. 
Compañeiras de Apptitude, lémbrome desta cantiga cada vez que penso en vós:

Axudaime compañeira
compañeiriña leal-e
axudaime compañeira
non me deixes quedar mal-e

Porque niso consistiu o noso día a día. En axudarme, en axudarnos en cada momento de dificultade. Traballamos en equipo e nos desesperamos, pero tamén rimos e desfrutamos do que facíamos.
Grazas a vós e grazas a todas as persoas que nos acompañáchedes nesta aventura!

Vémonos moi pronto!👋


1 comentario:

Free Rolling Stones Cursors at www.totallyfreecursors.com